Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por mediación da presente resolución anúnciase a contratación da obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución obras segunda separata: campo de fútbol.

b) División por lotes e número: un só lote.

c) Lugar de execución: Foz.

d) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 45.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: dous (2) por cento (100) do orzamento de licitación, depositada na caixa desta deputación provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, número 8.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono (982) 22 50 11 (extensión 216) ou (982) 25 50 58.

e) Telefax (982) 25 22 13 ou 24 49 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: día anterior hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo complementos, categoría c.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada para o efecto no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Deputación Provincial de Lugo. Rexistro Xeral, das 10 ás 14 horas. Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciándolle á deputación provincial a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama no mesmo prazo. Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo efectua-la notificación anteriormente sinalada a este organismo provincial.

2ª Domicilio: rúa San Marcos, número 8.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo. Secretaría Xeral. Mesa de Contratación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, número 8.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: quinto (5) día hábil contado desde o seguinte ó do remate de presentación das ofertas.

e) Hora: doce (12) horas.

10. Outras informacións: na Sección de Plans Provinciais e Contratación-Negociado de Plans Especiais.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Lugo, 10 de xullo de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

7345