Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de poxa con procedemento aberto.

1. Proxecto: construcción dun centro de interpretación dos Castros de Neixón.

2. Tipo de licitación: 20.758.956 ptas.

3. Partida: 453.622.000 ptas.

4. Prazo de execución: 8 meses.

5. Clasificación: grupos e categorías: A 1 e 2, C 2, 4, 5, 6, 7, 8 e 9. I 6, e 9. J 2 e 4.

6-7. Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Boiro, durante o prazo de 13 días naturais a partir da publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13 horas.

8. Fianza provisional: 415.179 ptas.

9. Fianza definitiva: 830.358 ptas.

10. Taxas do contrato: non procede.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: non se esixe.

13. Apertura de plicas: o quinto día do remate do prazo de presentación de propostas, ás 10 horas na Casa do Concello. No caso de coincidir en sábado ou festivo trasladarase ó día hábil seguinte.

Modelo de proposición: Don/Dna...... con enderezo en..... rúa..... nº....., teléfono....., con DNI nº (pasaporte ou documento que o substitúa)....., actuando en nome propio ou en representación de...... DNI ou CIF nº..... e con enderezo en...... nº......, teléfono...... toma parte na poxa con procedemento aberto

para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto de..... e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... que significa unha baixa de..... ptas. en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., ..... de..... de 19.....

O licitador

(asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación de obras de....., presentada por.....

Expediente. O expediente, proxecto e pregos de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 21 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7337