Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cangas, en sesión extraordinaria e urxente realizada o día 16 de xullo de 1998, acordou a aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, referido a determinados predios situados en Verín-Coiro, co propósito de que, unha vez concluído o expediente, os terreos expropiados se poñan á disposición da Xunta de Galicia para a construcción dun estadio de atletismo.

De conformidade co indicado no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación no que consta a determinación do ámbito territorial, fixación de prezos coa valoración razoada do solo segundo a súa cualificación urbanística e follas de prezo xusto individualizadas de cada predio nas que consta o valor correspondente a edificacións, obras, instalacións, plantacións e outras indemnizacións, exponse ó público polo prazo dun mes, co obxecto de que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes no que respecta á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O expediente poderá ser consultado na Secretaría Xeral do Concello de Cangas, das 9 ás 14 horas.

Cangas, 24 de xullo de 1998.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde-presidente

7335