Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 4 de maio de 1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación número catro das vixentes normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, promovido por Promociones Inmobiliarias Naya Liñares

Ramón, S.L. expediente 7/98. Pur e redactado polo arquitecto Manuel Peleteiro Bandín, visado polo COAG.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á data da publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se coiden convenientes.

Arteixo, 8 de xuño de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

7301