Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto de acceso ós núcleos de Vilagude-Moreira e outros.

Entidade adxudicataria: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato, o indicado no proxecto.

Prazo de execución: catro meses.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 40.000.000 de ptas.

Garantía provisoria: 800.000 ptas.

Garantía definitiva: 1.600.000 ptas.

Obtención de documentación: na Secretaría Xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada, teléfono 986 57 01 65 extensión 15.

Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes á publicacion deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

Documentos que hai que presentar:

-Sobre 1. Documento xustificativo da personalidade, (verificado de se-lo caso). Documento xustificativo da clasificación da empresa no grupo G), subgrupo 4) e categoría e). Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de ter constituída a fianza provisoria.

-Sobre nº 2. Oferta económica adaptada ó modelo.

-Sobre nº 3. Melloras do proxecto, adaptada á modelo, consistentes en realización doutros accesos.

Rógase a non presentación de documentos non solicitados. A apertura dos sobres terá lugar, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado, trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 18 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

6725