Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: obras 4/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Obxecto do contrato: infraestructuras na rúa Campiño Viloira.

b) Lugares de execución: Concello do Barco de Valdeorras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.765.269 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 195.306 pesetas.

b) Definitiva: 390.612 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral.

b) Enderezo: Praza do Concello nº1.

c) Localiade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

d) Teléfono: 988 32 00 10.

e) Telefax: 988 32 59 78.

f) Data límite para a obtención da documentación e información: ata o 12 día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite: ata o 13 día natural contado a partir da aparición do presente anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: dous sobres pechados.

-Sobre A: documentación xeral segundo os pregos.

-Sobre B: conterá a proposición económica segundo o modelo.

c) Lugar de presentación da documentación:

-Entidade: Concello do Barco de Valdeorras.

-Enderezo: rexistro xeral. Praza do Concello nº1.

-Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

-Provincia: Ourense.

9. Prazo de mantemento obrigatorio da oferta.

a) O previsto no artigo 84.1º da Lei 13/1995.

10. Apertura de ofertas.

Na Casa do Concello ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se o día fose sábado, o acto trasladarase ó inmediato hábil seguinte.

11. Gasto do expediente.

Por conta do adxudicatario.

12. Modelo de proposición.

D/Dna..., con domicilio en ..., rúa... e DNI..., en nome propio ou en representación da empresa..., con domicilio en ..., rúa..., CP ..., teléfono ... e CIF.

DECLARO:

1. Que fun informado do anuncio publicado no Boletín Oficial de ..., nº..., con data do ... do contrato da obra que ten por obxecto a poxa aberta e urxente para ...

2. Que igualmente coñezo o proxecto, co seu contido, o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación que debe rexe-lo presente contrato, que expresamente asumo e acato na súa totalidade, sen ningunha salvidade.

3. Que a empresa á que represento cumpre con tódolos requisitos e obrigas esixidos pola normativa vixente para a súa apertura, instalación e funcionamento.

4. Que, en relación coa obra da presente oferta, propoño a súa realización pola cantidade total de ... (debe expresarse en letra) pesetas, e que no seu prezo deben entenderse incluídos tódolos conceptos incluíndo os impostos, gastos, taxas e arbitrios de calquera esfera fiscal e tamén o IVE e o beneficio industrial do contratista.

En ...o ... de ... de 199...

6666