Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Por decreto con data do trinta de xuño último, o alcalde resolveu:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do subcuarteirón 13-C do plan parcial de ordenación do ensanche, redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, visado polo colexio o 27 de xaneiro do presente ano co número 19305.

2. Somete-lo referido proxecto de urbanización, co seu expediente, a información pública durante un mes mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

Por todo o exposto, o referido proxecto co seu expediente queda exposto ó público na secretaría do concello tódolos días hábiles en horario de oficinas, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 3 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7300