Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 21 de xullo de 1998, acordou a contratación mediante concurso, con procedemento aberto, para o contrato de subministración coas características que se citan a seguir:

Cadro de características do contrato.

1. Obxecto: subministración urxente dun equipo informático e equipamento para a aula de informática de xestión.

2. Tipo de licitación: 11.395.000 ptas. (IVE incluído).

3. Partida: 5.68.

4. Prazo de entrega: 1 mes desde a adxudicación.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n. Xove). Facilitarase así mesmo copia do prego de condicións en persoa, por correo ou telecopia.

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, desde a publicación no BOP de Lugo e no DOG.

8. Fianza provisional: 227.900 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: subministración financiada con fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de condicións.

Xove, 23 de xullo de 1998.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

6674