Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da modificación da ampliación do catálogo do PEEC no cuarteirón número 95 e incorporación do edificio sito en Gran Vía 50 e Bolivia 17.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 10 de xullo de 1998 , acordou aprobar inicialmente a modificación da ampliación do catálago do PEEC no cuarteirón nº 95

e incorporación do edificio sito en Gran Vía 50 e rúa Bolivia, 17 redactado polo arquitecto municipal Alberto Abia Alonso adscrito ós servicios técnicos de Planeamento da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó publico se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 21 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Gerencia Municipal de Urbanismo

7291