Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Anuncio de contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto de pavimentación e acceso a núcleos de poboación.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Obxecto do contrato: o indicado no proxecto.

Prazo de execución: catro meses.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 27.267.776 ptas.

Garantía provisional: 545.356 ptas.

Garantía definitiva: 1.090.711 ptas.

Obtención de documentación na secretaría xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada, Teléfono: 986 57 01 65 extensión 15.

Presentación de ofertas, nos vinteseis días naturais seguintes o da publicación deste anuncio no DOG.

Documentos que hai que presentar.

Sobre 1. Documento xustificativo da personalidade, (verifica-la súa suficiencia, se é o caso). Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Documento xustificativo da clasificación da empresa no grupo G), subgrupo 4) e categoría d). Xustificante de ter constituída a fianza provisional.

Sobre nº 2. Oferta económica adaptada ó modelo.

Sobre nº 3. Melloras ó proxecto, adaptada ó modelo, consistentes na realización doutros accesos.

Rógase a non presentación de documentos non solicitados. A apertura dos sobres terá lugar, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación, de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 8 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7279