Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 1 de xullo de 1998, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se lle notifica a suspensión provisional de funcións a Dolores Mercedes García Rubio.

Por resulta-lo seu domicilio descoñecido, por medio da presente cédula notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, acordo do director provincial do Sergas da Coruña, do 1 de xullo de 1998, polo que se lle suspende provisionalmente de funcións, pola presunta inasistencia ó traballo desde o 9 de xaneiro de 1997 sen ter acreditada xustificación fidedigna legal ou regulamentaria.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 1 de xullo de 1998.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

7280