Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de traducción para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela mediante procedemento aberto. (Expediente 69/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de traducción para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

2. Orzamento estimado: 3.771.504 ptas. (tres millóns, setencentas setenta e unha mil cincocentas catro pesetas) IVE incluído.

3. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de agosto de 1998 ou data da sinatura do contrato, se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que se establecen no artigo 199 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Admisión de variantes: considéranse as ofertas que, mellorando as prescricións técnicas esixidas, non superen o orzamento máximo autorizado.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios que se establecen no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios que se establecen no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación:

Valoración ecónomica: ata 4 puntos.

Experiencia: ata 3 puntos.

Coñecementos doutras linguas ademais do inglés e o galego: ata 3 puntos.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia, ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

7051