Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 10 de xullo do ano en curso, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación das obras dos proxectos de acceso á igrexa de Baltar e acondicionamento e reparación dos accesoa a Reigosa, A Pastoriza, Penacorbeira, Pousada, Vilagormar, Baltar e Ponte Miñotos, expóñense ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Anúnciase asemade a contratación de ámbalas obras, se ben no suposto de presentaren reclama

cións contra os pregos de cláusulas, o concurso aprazarase ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto dos contratos:

A) Acceso á igrexa de Baltar.

-Prazo de execución: tres meses.

-Orzamento de licitación: 4.153.315 pesetas.

-Garantía provisional: 83.066 pesetas.

-Garantía definitiva: 166.133 pesetas.

B) Acondicionamento e reparación dos accesos a Reigosa, A Pastoriza, Penacorbeira, Pousada, Vilagormar, Baltar e Ponte Miñotos.

-Prazo de execución: tres meses.

-Orzamento de licitación: 4.233.462 pesetas.

-Garantía provisional: 84.669 pesetas.

-Garantía definitiva: 169.338 pesetas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: Praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

5. Requisitos específicos do contratista: clasificación no grupo G, subgrupo 6, categoría a) ou xustificación da súa solvencia económica e financeira por calquera dos medios de acreditación sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e da súa solvencia técnica por calquera dos medios de acreditación sinalados no artigo 17 da mesma lei.

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde a seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, Praza de Galicia, nº 1.

7. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

-Unidades de obra adicional, ata dez puntos.

-Antecedentes relativos a obras de naturaleza análoga realizadas polo contratista para as distintas administracións públicas, ata oito puntos.

-Clasificación, ata seis puntos.

-Prazo, ata catro puntos.

-Prezo, ata dous puntos.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 13 de xullo de 1998.

Áurea Castro Conde

Alcaldesa accidental

7306