Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.859

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 225/1998, do 17 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

As necesidades experimentadas nos últimos tempos no relativo ás materias de protección e vixilancia do patrimonio cultural de Galicia fan oportuna, co fin de conseguir unha maior eficiencia, a distribución orgánica entre as dúas áreas competenciais: a protección e a inspección, que na actualidade veñen atribuídas ó Servicio de Protección da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, co informe favorable das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xullo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Engádese o punto 1.3º ó artigo 6.2º.1 do Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo co seguinte teor:

«1.3. Servicio de Vixilancia e Ispección do Patrimonio Cultural.

Correspóndelle a este servicio as funcións de:

a) Vixilancia do cumprimento da ordenación urbanística municipal a través dos plans de ordenación e plans operativos no que se refire ó patrimonio cultural de Galicia.

b) Comprobación do cumprimento das normas, resolucións e dictames emanados da autoridade competente en materia de protección do patrimonio cultural.

c) Control dos obrigatorios libros de rexistro onde deben consta-las transaccións realizadas polas persoas e entidades dedicadas ó comercio de bens integrantes do patrimonio cultural.

d) Todas aqueloutras que por disposicións legais ou regulamentarias poidan serlles atribuídas».

Artigo 2º

Suprímese a alínea f) do artigo 6.2º.1 parágrafo 1.1.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo para que dicte as normas complementarias que sexan precisas para o desenvolvemento do establecido no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

7039