Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Bouzas-Nocelo.
Situación: Baños de Molgas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 871 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 49 da L.M.T. a Vixueses e remate no C.T. da Bouzas. L.M.T. aérea a 20 kV de 669 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. a C.T. de Bouzas e remate no C.T. con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 v. de Novelo. R.B.T. aéreas do C.T. de Bouzas e do C.T. de Nocelo con 850 e 560 metros respectivamente en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 22 de xuño de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
6469