Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 30 de xullo de 1998 Páx. 8.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/125-2, 5014 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: c/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: centro de transformación intemperie Xudán (A Pontenova).

Situación: A Pontenova.

Descricións técnicas: liña de media tensión de 42 metros de lonxitude desde liña da Pontenova a C.T.I. de Xudán en conductor LA-56. Centro de transformación de 160 kVA en relación 20.000/380-220V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 24 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7250