Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vide.
Situación: Baños de Molgas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 2.424 metros de lonxitude en conductor PAS 50 mm e apoios 25/H, con orixe no apoio nº 27 da L.M.T. a Vixueses e remate no C.T. con 160 kVA, T/T 20.000/380-220 V. de Vide. R.B.T. aérea do C.T. de Vide con 1.660 metros en conductor R.Z. e R.B.T. aérea do C.T. de Meamán con 435 metros en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 22 de xuño de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
6478