Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso para a subministración dun camión con destino ó servicio agrario.

Tipo de licitación: fíxase en 9.500.000 ptas., IVE incluído.

Fianzas: a provisional do 2% do tipo de licitación, e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: durante 26 días naturais a partir do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar no Pazo Provincial ás 12 horas do día seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Tfno.: 986 80 41 01.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta no Servicio de Contratación.

Pontevedra, 3 de xullo de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

7227