Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do día dezanove de xuño do actual, adoptou, co quórum legal da maioría absoluta, o seguinte acordo de aprobación inicial da modificación puntual nº 2 do plan parcial de ordenación da actuación industrial A Granxa (O Porriño), que ten a seguinte parte dispositiva:

«1. Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 2 do plan parcial de ordenación da actuación industrial A Granxa, promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, redactado polo enxeñeiro industrial-director do departamento de obras, José Benito Villar López-Caro en maio de 1998.

2. Abri-lo trámite de información pública durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, BOP de Pontevedra e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

3. Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias nas zonas afectadas por esta modificación puntual, que son os cuarteiróns MXVII e MXIX e a vía T-10 do plan parcial da Granxa (PPG).»

Durante o referido prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios a que se refire o apartado 2º, o expediente queda de manifesto na secretaría deste concello para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións.

O Porriño, 30 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

6616