Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso de elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades do programa da Concellería da Muller do Concello de Vigo O Noso Tempo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vigo.

b) Dependencia: Muller, Patrimonio e Contratación.

c) Número de expediente: 809/224.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa da Concellería da Muller do Concello de Vigo O Noso Tempo 1998-1999.

b) Lotes: si.

c) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo: proxectos que se van executar desde outubro de 1998 a xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: concurso de ideas.

c) Forma: aberto.

4. Orzamento base.

O orzamento dispoñible para a excución dos diferentes programas non superará os 20.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

a) Lugar: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 00. Telefax: 986 81 01 92.

b) Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: esixirase só para aqueles contratistas que resulten adxudicatarios por un importe superior a 20.000.000 de pesetas.

b) Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite: 26 días seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a esixida no prego de condicións técnicas.

c) Lugar de presentación: véxase punto 6 deste anuncio.

d) Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Outras informacións.

Para a valoración dos proxectos teranse en conta os criterios sinalados no prego de condicións técnicas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 17 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6562