Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio de vixilancia de exposicións na Casa das Artes e Museo Fernández del Riego de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vigo.

b) Dependencia: Cultura, Xuventude, Patrimonio e Contratación.

c) Número de expediente: 5792/331.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: sevicio de vixilancia de xeposicións na Casa das Artes e Museo Fernández del Riego (Csa da Cultura Galega) de Vigo.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo: desde o día 1-8-1998 ata o día 31-1-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base: 6.604.500 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

a) Lugar: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Telefax: 986 81 01 92.

b) Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995. A solvencia técnica acreditarase pola execución de traballos de obxecto similar ós do presente contrato.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: véxase punto 6 deste anuncio.

d) Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n. 36202 Vigo.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: O modelo de proposicións axustarase ó recollido na cláusula 10 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 17 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

7229