Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do plan especial de mellora do núcleo 03.26 Esparramán (Bembrive) e o seu catálogo anexo de elementos que se deben conservar (4574/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de abril de 1998 acordou aprobar inicialmente o plan especial de mellora do núcleo 03.26 Esparramán, na parroquia de Bembrive e o seu catálogo anexo de elementos que se deben conservar, conforme a documentación elaborada en outubro de 1997 e marzo de 1998, polos

arquitectos Víctor Manuel González Magdalena, Franciso José Martínez Paz e Xosé Ramón Garrido Davila, e visado polo COAG con datas.

Sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contando desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 2 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

7228