Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.736

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSELLO REGULADOR DO P.G.C.-MEXILLÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

O Consello Regulador do Producto Galego de Calidade-Mexillón de Galicia, como entidade encargada de desenvolve-lo Plan integral de reestructuración do sector mexilloeiro galego, acollido á iniciativa comunitaria de pesca, fai unha convocatoria pública para o proceso de selección dos participantes no curso de capacitación directiva no sector mexilloeiro.

O obxectivo deste curso é o de forma-los alumnos naqueles aspectos estratéxicos e operativos básicos do sector mexilloeiro, para que poidan acada-la intregración nas asociacións, cooperativas e empresas con garantías de éxito.

Os labores formativos completaranse cunha bolsa de prácticas nas empresas e asociacións do sector cunha duración mínima de tres meses e máxima de cinco.

O programa terá un total de 120 horas lectivas e o número máximo de alumnos que se seleccionará será de 15.

Requisitos para poder participar:

-Estar en posesión do título de licenciado ou deplomado unversitario.

Procedemento de selección:

-Realizarase unha proba consistente nun test psicotécnico e unha entrevista persoal.

A comisión de selección estará composta polo presidente do consello, o xerente, dous membros da comisión de formación do consello, un representante da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, e un asesor da Escola de Negocios Caixavigo.

A comisión valorará:

-Expediente académico.

-Coñecemento de idiomas.

-Coñecemento ou experiencia no sector mexilloeiro.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes, ademais dos documentos que os aspirantes consideren oportuno presentar, deberán ter como mínimo a seguinte información:

-Datos persoais e teléfono.

-Fotocopia compulsada do título de licenciado ou diplomado.

O prazo de presentación é de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, debendo presenta-la solicitude na sede social do consello: Niño do corvo, s/n, 36626 Illa de Arousa (Pontevedra). Tamén se poderá remitir por correo certificado ata a mesma data.

O xerente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia. Producto Galego de Calidade.

Rubricado