Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de pavimentación das rúas Paseo de Colón, Alameda, Jofre de Tenorio e outras.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Pontevedra, praza de España s/n. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Gobierno.

b) dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 17.400.000 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 348.000 pesetas.

b) Definitiva: 696.000 pesetas.

6. Clasificación empresarial.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

7. Obtención da documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratción e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de Espeña s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documenttos que hai que presentar: cláusula 13º do prego.

c) Lugar de presentaicón: rexistro xerazl do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a pre

sentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.

10. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución de obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 26 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

7236