A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 15 de xullo de 1998, aprobou o expediente de contratación, mediante procedmento aberto, por concurso e por vía de urxencia, da obra denominada pavimentación de pista Laceiras.
Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión da mesma data, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación da mencionada obra, o que se expón ó público polo prazo de 4 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para efectos de reclamacións.
Asemede anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará no caso de que se formulen reclamacións contra o dito prego.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Verea.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a execución da obra de pavimentación da pista Laceiras, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro Rafael Outomuro Nieves.
b) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O orzamento de execución por contrata ascende á cantidade de cinco millóns de pesetas (5.000.000) IVE e demais gastos incluídos.
5. Garantías.
a) Provisional: 100.000 pesetas.
b) Definitiva: será do 4% do prezo de adxudicación do contrato.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Verea, en horas das 9 ás 14 excepto sábados.
b) Domicilio: Carballo-Verea.
c) Localidade: Verea, código postal 32813.
d) Teléfono: 988 43 06 00 ou 988 43 06 58.
e) Fax: 988 43 06 59.
f) Data límite para a obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de proposicións.
7. Clasificación do contratista.
Non se esixe.
8. Presentación de proposicións.
a) Data límite: dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, excepto sábados.
Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello de Verea.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Verea.
b) Hora e data: 17 horas do día seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.
Se coincidise en sábado ou día inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil.
Verea, 16 de xullo de 1998.
O alcalde
Rubricado
7237