Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998 pola que se publica a contratación da suministración de 15 radioteléfonos para o persoal do corpo de policía local.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Pontevedra Praza de España s/n. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Gobierno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a suministración de 15 radioteléfonos para o persoal do corpo da policía local.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de quince días contados desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento da licitación: 3.000.000 de pesetas, incluídos todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 60.000 pesetas.

b) Definitiva: 120.000 pesetas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de Espeña s/n. Pontevedra. 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentos que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xerazl do Concello de Pontevedra, en horario das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas.

9. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 23 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

6556