Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 16 de xullo de 1998, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e o expediente de contratación mediante concurso con procedemento aberto, para a adxudicación das obras incluídas no Plan do Fondo de Cooperación Local 1998.

Durante o prazo de oito días, contados a partir do seguintge ó da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, queda exposto ó público na secretaría do concello o referido prego para os efectos de presentar reclamacións; anúnciase asemade a licitación, de conformidade co disposto no artigo 122 do R.D. 781/1986, do 18 de abril, aínda que a licitación se aprazará no suposto de formularse reclamacións contra o dito prego.

Obxecto do contrato e tipo de licitación.

O obxecto do contrato é a execución das obras denominadas:

1. Vías e accesos a núcleos de poboación das parroquias de Salto-Oza-Regueira.

Tipo de licitación: 3.491.511 ptas.

2. Saneamento núcleo lugar da Fraga, parroquia de Porzomillos.

Tipo de licitación: 3.007.116 ptas.

3. Saneamento núcleo Lois, parroquia de Oza.

Tipo de licitación: 3.440.979 ptas.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, en horas das 9 ás 13.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións e sobres: presentaranse de acordo cos modelos que se recollen no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación: as proposicións irán acompañadas da documentación esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares aprobado para a contratación das mencionadas obras.

Oza dos Ríos, 17 de xullo de 1998.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde

6557