Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 10 de xullo de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por catorce votos a favor e once votos en contra, acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual do sector A-3 do PXOU de Ourense.

2. Somete-lo expediente a información pública.

O dito expediente atópase no departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito na terceira planta da Casa do Concello na praza Maior núm. 1, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Ourense, 15 de xullo de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

7225