Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xullo de 1998, pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 28 de xaneiro de 1998 (DOG do 3 de marzo), pola que se regula a concesión de subvencións ás asociacións e institucións sen fin de lucro e entidades análogas para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

A Orde do 28 de xaneiro de 1998 (DOG do 3 de marzo) regula a concesión de subvencións ás asociacións e institucións sen fin de lucro e entidades análogas para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 8 da devandita orde, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-A concesión de axudas na contía que se indica ós proxectos relacionados no anexo I desta orde.

Artigo 2º.-Desestima-los proxectos que aparecen relacionados no anexo II, ben por non acadaren a prioridade suficiente de acordo cos criterios establecidos na Orde do 28 de xaneiro de 1998, ou ben por non atende-lo requirimento de emenda de erros no prazo establecido, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3º.-Excluí-los proxectos relacionados no anexo III desta orde, por seren presentados fóra do prazo establecido no artigo 6 da orde de convocatoria.

Artigo 4º.-As entidades ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar ante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 10 da Orde do 28-1-1998.

Artigo 5º.-A presente disposición ponlle fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

7223