Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xullo de 1998 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 28 de xaneiro de 1998, pola que se regula a concesión de subvencións a xornais e revistas para a edición de suplementos didácticos.

Visto o informe-proposta realizado pola comisión reunida o 1 xullo de 1998, de acordo co artigo 9 da Orde do 28 de xaneiro de 1998, pola que se

regula a concesión de subvencións a xornais e revistas para a edición de suplementos didácticos (DOG do 3 de marzo), e atendendo o disposto no artigo 10 da mesma orde,

DISPOÑO:

1. Concedérlle-las axudas ós proxectos e polas contías relacionados no anexo I desta orde.

2. Excluí-los proxectos relacionados no anexo II desta orde, por non acadasen prioridade suficiente de acordo coa orde de convocatoria.

3. Excluí-lo proxecto relacionado no anexo III desta orde, por ser presentado forá de prazo.

4. De acordo co previsto no artigo 11 da orde de convocatoria, as empresas ás que lles sexan sub

vencionados proxectos deberán presentar na Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida no prazo máximo de dez días contados a partir da publicación desta disposición no DOG.

5. Esta disposición ponlle fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109.c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

7152