Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.653

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de xullo de 1998 pola que se clasifica como de interese naútico-pesqueiro a Fundación Expomar.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Expomar, con domicilio en Burela.

Supostos de feito.

1. Manuel Mon Rouco, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito do 3 de xullo de 1998, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Burela, o día 22 de maio de 1998, ante a notaria María Dolores Rodríguez Fernández co número setenta e oito do seu protocolo, por Manuel Mon Rouco, Sergio López García, Narciso González García, Laudelino Alperi Baragaño, Ángel Fernández Véquez, José Roca Dopico, Carlos González Casas e Jesús Pernas Carreira, que interveñen no seu propio nome e dereito, e ademais Manuel Mon Rouco en nome e representación do Concello de Burela, Laudelino Alperi Baragaño en nome e representación da entidade mercantil Astilleros Armón Burela, Sociedad Anónima, Ángel Fernández Véquez en nome e representación da sociedade Armadores de Burela, S.A., José Roca Dopico en nome e representación da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela e Jesús Pernas Carreira en nome

e representación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da provincia de Lugo.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a promoción e desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro.

4. O padroado da fundación estará constituído polas persoas designadas no artigo 8 dos estatutos da fundación.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese náutico-pesqueiro da Fundación Expomar, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese náutico-pesqueiro e a súa adscrición á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/92, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 20 de xullo de 1998.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese náutico-pesqueiro a Fundación Expomar e adscribila á Consellería de

Pesca, Marisqueo e Acuicultura que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6816