Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para redacción de proxecto técnico.

De conformidade co acordado pola Comisión de Goberno, na sesión do día da data, convócase o seguinte concurso:

1. Obxecto. É a asistencia técnica para redacción do proxecto de construcción da primeira fase das comportas-represas e azudes nos leitos de auga da zona da Limia, como contrato de asistencia regulado nos artigos 197 e seguintes da Lei 13/1995.

2. O prazo de execución é de tres meses a partir da adxudicación definitiva.

3. O contrato adxudicarase mediante concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario.

4. O orzamento base de licitación é de 6.000.000 de pesetas.

5. A garantía provisional é de 120.000 pesetas e a definitiva do 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentos e información. Os pregos das condicións do concurso e a información que necesiten os licitadores seralles facilitada polo Servicio de Cooperación desta deputación na planta segunda do Pazo Provincial, rúa Progreso, 32, teléfono 988 38 51 00.

7. Presentación de ofertas. As ofertas e documentación deberán entregarse no rexistro xeral desta deputación ata as doce horas do vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día fose

inhábil ou sábado o prazo finalizará o seguinte día hábil.

8. Apertura de ofertas. Os sobres B e C abriranse ás doce horas do día seguinte hábil (excepto sábados), ó da terminación do prazo de presentación no Pazo Provincial. Os sobres A abriranse ás dez horas trinta minutos do quinto día hábil seguinte ó da apertura dos sobres B e C, no mesmo lugar.

Ourense, 17 de xullo de 1998.

O presidente

Rubricado

6655