Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de material de oficina consumible con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Expediente nº 98/6057 da Sección de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: subministración de material de oficina consumible con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 1998.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 9.989.400 ptas., desagregado en oito lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cadanseu lote.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de xullo de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario

7148