Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.648

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ACORDO do 29 de xuño de 1998 polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal facultativo especialista.

En uso das atribucións establecidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro) e no artigo 11º.G dos estatutos da fundación (Decreto 229/1997, do 25 de agosto, Diario Oficial de Galicia nº 165, do 28 de agosto), o Padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira acordou a aprobación do cadro de persoal do seu centro, así como a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, con respecto ós principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, segundo determina o artigo 2 da devandita lei.

Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria da selección dun posto de anatomía patolóxica (Ref. APA), de acordo coas seguintes bases:

Titulación: a que corresponda, vía MIR, vía FIR ou equivalente.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores. O contrato será a tempo parcial.

Procedemento de selección: consistirá nunha proba que será eliminatoria, sobre a especialidade. Ós candidatos que superen a proba faráselles unha valoración de méritos, segundo o baremo que se estableza, relativa á formación e á experiencia.

Articularase, por un lado a través da baremación do currículum vitae e, por outro, coa realización dunha entrevista a cada un dos aspirantes, cunha ponderación da valoración global do 45% e 55% respectivamente.

A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro), será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

Puntuación final e aspirantes seleccionados: coa suma das puntuacións outorgadas nos dous apartados anteriores, currículum vitae e entrevista, confeccionarase o listado final por orde de puntuación alcanzada por cada aspirante. Se se considera que os candidatos non reúnen os requisitos mínimos, declararase deserta a convocatoria.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes, desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro.

Solicitude de participación: deberase enviar un currículum vitae detallado (xustificando documentalmente os méritos alegados) ó seguinte enderezo: Recheo s/n, Paseo Marítimo 15270 Cee-A Coruña, no prazo improrrogable de 20 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, indicando no sobre a referencia correspondente, logo do aboamento da cantidade de 2.000 ptas., do que se xuntará xustificante de pagamento, en concepto de dereitos de exame, que se aboarán na conta do BBV nº 0182-5947-11-001011112/4.

Teléfono de información: 981 70 61 94.

Incorporación: a formalización do contrato e a incorporación definitiva do seleccionado producirase segundo as necesidades da posta en funcionamento do servicio do hospital.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira