Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO de información pública de estudio de detalle en Miño.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 17 de xuño de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle dun predio en Miño, presentado por Guindeiro, S.L. como propietario único e redactado polo arquitecto Peleteiro Bandín, con data de visado do COAG do 28 de abril de 1996, que se somete a información pública durante o prazo dun mes, mediante inclusión de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Isto faise público para xeral coñecemento, e indícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a última publicación.

O expediente atópase á disposición do público na secretaría do concello.

Miño, 30 de xuño de 1998.

Deogracias Romeu López

Alcalde

6528