Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno, en sesión con data do 29 de xuño de 1998, aprobou a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, das seguintes obras:

Acceso ós núcleos de Ganón-Balada e Cristimil, incluída no FCL/1998. Rede de abastecemento de auga a Padrenda, incluída no PPC/1998. Pola presente anúnciase licitación pública para a adxudicación das devanditas obras, conforme as seguintes características

1. Obxecto. Obra: acceso ós núcleos de Ganón-Balada e Cristimil. Tipo de licitación: 10.659.823 ptas., IVE incluído. Garantías: provisional 213.196 ptas. (2% do tipo de licitación). Definitiva: 426.393 ptas. (4% do tipo de licitación). Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría a.

2. Obxecto. Obra: rede de abastecemento de auga a Padrenda. Tipo de licitación. 7.240.896 ptas. IVE incluído. Garantías: provisional 144.818 ptas. (2% tipo de licitación). Definitiva: 289.636 ptas. (4% do tipo de licitación). Clasificación: grupo E, subgrupo 1 categoría a.

Disposicións comúns os dous contratos.

Entidade adxudicadora: Concello de Meaño.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación ordinaria, procedemento aberto, forma concurso.

Obtención de documentación e información: Concello de Meaño. Enderezo: As Covas nº 20, Meaño. CP 36968. Teléfono: 986 74 71 02. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Prazo de execución: 6 meses desde a data de formalización do contrato.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello en horario das 9 ás 14 horas, no prazo de 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

Documentación; a esixida na cláusula do prego de condicións e segundo as formalidades dela.

Apertura de ofertas: ás 13 horas do martes, xoves ou venres inmediatemente seguintes ó da data de remate de presentación de proposicións.

Gastos de anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Meaño, 30 de xuño de 1998.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde

6535