Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 18 de xuño deste ano, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na adquisición por concurso dunha parcela de terreo para construcción dun edificio para centro socio-cultural, xuvenil e da tercerira idade, exponse ó público na Secretaria deste Concello polo prazo de oitos días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para efectos de exame e reclamacións .

Asemade, anúnciase o concurso, aínda que, no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso se aprazará ata que sexan resoltas pola propia Corporación.

Concurso.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

A Adquisición por compra, mediante concurso aberto e tramitación urxente, dunha parcela de terreo cunha superficie mínima de vintecatro mil metros cadrados, situada en solo non urbanizable da parroquia de Bretoña, nun radio non superior a 500 metros lineais da delimitación de centro urbano do núcleo de Bretoña.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Prezo máximo de trinta millóns de pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 600.000 pesetas.

b) Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidad: Concello da Pastoriza.

b) Enderezo: Praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

7. Presentación das ofertas.

As proposicións para tomar parte no concurso presentaranse en dous sobres cerrados e asinados polo licitador, facendo constar en cada un deles o seu contido, na forma que se indica, e o nome do licitador.

a) Os licitadores presentarán simultaneamente, coa proposta económica, en sobre á parte no que constará o lema: documentación para tomar parte no concurso aberto convocado polo Concello da Pastoriza para adquisición dunha parcela de terreo para construcción dun centro socio-cultural, xuvenil e da 3ª idade en Bretoña, os seguintes documentos:

Documento nacional de identidade ou fotocopia autenticada.

Declaración responsable do licitador outorgada ante notario, autoridade xudicial ou administrativa de non atoparse incurso en ningunha das circunstacias de prohibición que para contratar establece o artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Resgardo acreditativo de ter depositada a fianza provisional por importe de 600.000 pesetas.

Escritura de poder, se se actúa en representación doutra persoa, legalizado se é o caso e verificada a suficiencia polo secretario do concello.

Escritura de constitución da Sociedade Mercantil, inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade desta natureza.

Declaración expresa responsable acreditativa de estar ó corrente no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.

b) Data límite de presentación de ofertas: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Lugar: salón de sesións da Casa do Concello.

c) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

d) Localidade: A Pastoriza.

e) Data: primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

f) Hora: trece.

9. Outras informacións.

No sobre que conteña a proposición económica figurará o seguinte lema:

Proposición para tomar parte no concurso aberto convocado polo Concello da Pastoriza para adquisición dunha parcela de terreo para construcción dun centro socio-cultural, xuvenil e da 3ª idade, en Bretoña.

a) As proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

D...(nome e apelidos da persoa ou persoas que ofertan), con enderezo en ..., provisto de NIF nº..., en nome propio (ou en representación de ... como acredita por ...), coñecedor do concurso convocado polo Concello da Pastoriza para adquisición dunha parcela de terreo para construcción dun centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade, anunciado no BOP nº... con data do ... e no Diario Oficial de Galicia nº... con data do ..., e do prego de cláusulas administrativas particulares, que acepta en tódalas súas partes, ofrece o inmoble (descrición detallada), no prezo de... pesetas (en letra e número). Lugar, data e sinatura.

b) Coa oferta económica e dentro do mesmo sobre achegarase o título de propiedade e documentación acreditativa da liberdade de cargas e gravames do inmoble.

c) Criterios que servirán de base para a adxudicación, por orde decrecente de importancia:

-Situación, características estéticas e funcionais, ata seis puntos.

-Maior superficie ofertada, ata catro puntos.

-Menor prezo ofertado, ata dous puntos.

A Pastoriza, 2 de xullo de 1998.

Áurea Castro Conde

Alcalde Acctal.

6534