Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a contratación da subministración que se indica.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 17/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: secuanciador automático de ADN.

b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número: -.

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: 30 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe licitación.

Definitiva: 4% do importe licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, nº 46 - 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal nº 46 - planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio. r/ Areal nº 46 - 1ª planta.

c) Localidade: Vigo - 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 16 de xullo de 1998.

P.D. (Resolución 24-6-1998)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo

7158