Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998 pola que se lles dá publicidade ós avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica.

O artigo 21 da Lei 6/1994 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, autoriza concederlles avais ó Igape por un importe máximo de 13.000 millóns de pesetas.

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994 do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, establece que ós avais concedidos polo Igape daráselles publicidade no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente

RESOLVO:

Único.-Darlles publicidade ós avais concedidos polo Consello de Dirección do Igape nas súas reunións con datas do 25 de marzo e do 30 de abril de 1998:

-Aval subsidiario por importe máximo de 150.000.000 de pesetas á empresa Ferroatlántica, S.L.

-Aval subsidiario por importe máximo de 1.495.020.741 pesetas á empresa Promotora Industrial Sadense, S.A. (Proinsa).

-Aval subsidiario por importe máximo de 784.365.432 pesetas á empresa Depuradora de Mariscos de Lorbé, S.A. (Demarlosa).

-Aval subsidiario por importe máximo de 96.403.125 pesetas á empresa Miranda, Alonso, Fernández, S.A. (MAFSA).

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

7168