Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do 6 de maio de 1998, do Concello de Vilalba (Lugo), referente á convocatoria para prover en propiedade unha praza de auxiliar de Administración xeral, por oposición libre, vacante no cadro de persoal deste concello.

No BOP de Lugo nº 146, con data do 27 de xuño de 1998, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria.

As instancias para tomar parte na dita convocatoria deberanse dirixir ó presidente da Corporación, as cales se presentarán no rexistro xeral do concello ou na forma que determina o artigo 38.4º da Lei

de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, durante o prazo de 20 días naturais, contados a partir da última publicación deste anuncio no BOE ou no DOG.

Vilalba, 1 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7129