Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998 pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio por concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para o programa de Turismo Social 1998 para as Persoas Maiores.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación da seguinte subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

c) Número de expediente: 98/11/000660.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: programa de Turismo Social 1998 para as Persoas Maiores.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 45, do 6-3-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e tres millóns de pesetas (43.000.000 de pesetas), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de abril.

b) Contratista: Viajes Halcón, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: trinta e sete millóns catrocentas noventa e cinco mil pesetas (37.495.000 pesetas), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

6614