Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998 pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio por concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para o transporte, recollida e distribución de axuda humanitaria a Cuba.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación da seguinte subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a)Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b)Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

c)Número de expediente: 98/11/000691.

2. Obxecto do contrato.

a)Tipo de contrato: servicio.

b)Descrición do obxecto: recollida, transporte, almacenaxe e distribución de material para centros xeriátricos en Cuba.

c)Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 65, do 6-4-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a)Tramitación: urxente.

b)Procedemento: aberto.

c)Forma: concurso público.

4.Orzamento base de licitación.

Importe total: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 de pesetas), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a)Data: 18 de maio.

b) Contratista: Taxi-flet Services, S.L..

c)Nacionalidade: española.

d)Importe da adxudicación: cinco millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (5.450.000 pesetas), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1998.

P.D.(Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Drirector xeral de Servicios Sociais

6580