Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se citan. (Expediente 51578).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobada polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública a solicitude de Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con enderezo na r/ Mancebo, 6 de Pontedeume, como entidade bneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación fozosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña

eléctrica aérea a 15/20 kV, de 1.216 m de lonxitude, co orixe nun dos apoios da liña Eume-O Pedrido (expediente nº 10556) e final no centro de transformación proxectado no lugar das Cortizas, no termo municipal de Monfero (expediente nº 51578), da que con data do 12 de abril de 1993 se outorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persa dentro do prazo dos quince días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa os que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiaición forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 23 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 51578. Provincia: A Coruña.

L.M.T. al C.T. As Cortizas.Termo municipal: Monfero.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O Barro BlancoMonte altoMª del Carmen Espiñeira BlancoLeguas 2, 15617 Monfero22352

2O Barro BlancoMonte altoAntonio Blanco MarcosLeguas s/n, 15617 Monferoœ1145720

3O Barro BlancoMonte altoAntonio García CorralLeguas 1, 15617 Monferoœ1123368

6O Barro BlancoMonte altoAntonio García CorralLeguas 1, 15617 Monfero696

7O Barro BlancoMonte altoMª del Carmen Espiñeira BlancoLeguas 2, 15617 Monfero24384

8O Barro BlancoMonte altoAntonio Blanco MarcosLeguas s/n, 15617 Monfero44704

9O Barro BlancoMonte altoMª del Carmen Espiñeira BlancoLeguas 2, 15617 Monfero221792864

12O Barro BlancoMonte altoMª del Carmen Espiñeira BlancoLeguas 2, 15617 Monferoœ3118288

13O Barro BlancoMonte altoAntonio García CorralLeguas 1, 15617 Monfero1201920

14O Barro BlancoMonte altoAndres Vila GarcíaCampos 4, 15617 Monfero422483968

6613