Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/253-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Enderezo social: Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.

Denominación: C.T. 400 kVA, r/ Porto.

Situación: Pontedeume.

Características técnicas: reforma do C.T. Porto, para a adaptación das liñas de media tensión sub

terránea, que acceden a el, trafo de 400 kVA a 15.000/380-220 V e acoplamento da R.B.T. Concello de Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6518