Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (54/1998).

Eu, Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido.

Fago saber que neste xulgado do meu cargo se segue separación conxugal (5 *) número 54/1998, por instancia de Mª del Pilar López Varela, representada de oficio pola procuraodra Rodríguez Sánchez, e que se dictou nel providencia desta data, na que se acordou empraza-lo demandado Manuel González Suárez, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel no que o sexa, compareza nos referidos autos, contestando a demanda. De non facelo, será declarado en rebeldía e, dándose por precluído o trámite de

contestación á demanda, seguirá o xuízo o seu curso, notificándose na sede deste xulgado a providencia en que isto así se acorde e as demais que se dicten.

E para que sirva de emprazamento ó referido demandado Manuel González Suárez e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expídese o presente edicto en Carballo o un de xullo de mil novecentos noventa e oito.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

6639