Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (55/1998-09).

Nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 55/1998 por lesións en agresión que se seguiron por instancia de Víctor Esqueira Abraira contra Ángel Antonio Prado Sánchez, dictouse sentencia co encabezamento e resolución do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o vintesete de xuño de 1998.

Sentencia.-Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 55/1998, seguidos neste xulgado sobre lesións en agresión, no que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública o denunciante Víctor Esqueira Abraira e o denunciado Ángel Antonio Prado Sánchez.

Seguen antecedentes de feito.-Feitos probados. Fundamentos de dereito.

Decido: que debo condenar e condeno a Ángel Antonio Prado Sánchez, como autor dunha falta de lesións, á pena da multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena da multa na contía de mil pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación da liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais».

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dipoñen os artigos 795 e 796 da LAC.

E para que sirva de notificación en forma a Víctor Esqueira Abraira con domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6542