Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

EDICTO (6965/1997).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso número 6965 de 1997, interposto por Mirian Conceição de Miranda, contra a Subdelegación do Goberno na Coruña, recaeu a resolución que literalmente copiada é como segue:

Providencia-Sala do Contencioso-Administrativo, Juan Carlos Trillo Alonso. Pte.-Carlos López Keller, José Mª Arrojo Martínez. A Coruña, dez de febreiro de mil novecentos noventa e oito. Dada conta; únase o escrito presentado polo letrado Sr. Rodríquez Tubío y Carballo e visto o seu contido, emprácese a Mirian Conceição de Miranda co fin de que no prazo de dez días designe novo procurador e letrado que a representen e defenda, ou tan só letrado con poder para o efecto, apercibíndoa de que de non o verificar no expresado prazo se procederá sen máis trámites ó arquivo de presente recurso. Esta resolución é susceptible de recurso de súplica ante esta sala no prazo de cinco días. Acordouno a sala e asina o presidente.

E para que conste e co fin de que lle siva de notificación e emprazamento a Mirian Conceição de Miranda, expido e asino o presente edicto na Coruña o tres de xullo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6637