Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.609

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se desenvolven determinados aspectos da Orde do 29 de marzo de 1996, pola que se regula a expedición de licencias para practica-la pesca marítima de recreo, dentro das augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia, e se fixan as zonas do litoral onde se poderá practica-la pesca submarina.

A Orde do 29-3-1996 sinala no seu artigo 2.1º que a licencia para a práctica da pesca marítima de recreo se outorga por un período de cinco anos, a partir da súa data de expedición, debéndose revalidar anualmente.

Dado que na referida orde non existe expresa previsión sobre o prazo no que se debe solicita-la aludida revalidación anual, tendo en conta as dúbidas xurdidas en canto á delimitación do mencionado prazo e de acordo co establecido na disposición derradeira primeira da precitada orde, así como no Decreto 109/1998, do 5 de marzo, (DOG nº 65, do 6 de marzo), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. A revalidación anual da licencia á que se refire o artigo 2.1º da Orde do 29-3-1996 solicitarase no prazo dos 20 días naturais inmediatos anteriores ó vencemento do seu período anual de vixencia.

2. As solicitudes de revalidación presentadas unha vez vencido o período anual de vixencia da licencia, expediranse polo período de tempo que falte ata a data na que corresponda a seguinte revalidación.

3. As solicitudes de revalidación e as de licencia especial ás que se refiren os artigos 5 e 6, respectivamente, da Orde do 29-3-1996, deberán unir á documentación sinalada nos citados artigos unha fotografía tamaño carné do interesado.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

5915