Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 28 de xullo de 1998 Páx. 8.609

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Construcciones Alea, S.L. de Ourense.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Construcciones Alea, S.L. (código

nº 3200162) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e da parte social polo comité de empresa, todas elas con capacidade e lexitimidade suficiente para asinar este, na xuntanza celebrada o día 29-5-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta nº 34

En Ourense, ás dezanove horas do día 29 de maio de mil novecentos noventa e oito, reúnense no domicilio social de Construcciones Alea, S.L., rúa do Cumial, 23, Seixalbo (Ourense) para levar a cabo a aprobación da revisión salarial do convenio da empresa para o período do 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998, os señores que a continuación se citan:

Dunha parte e como representantes sindicais do grupo de traballadores: Antonio Gómez Fernández, Camilo Guede Forneiro, Ángel González Dosouto, José Justo Gómez, Cesáreo Domínguez Rodríguez, Juan Pérez Cid e Antonio F. López Carnero.

Todos eles na súa condición de compoñentes do comité de empresa.

Doutra parte, en representación da empresa: Luis Ogando Hermida.

Aberta a sesión, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Que, con relación ó primeiro punto, da orde do día, as partes están de acordo en que o dito incremento se fixe no dous coma oitenta e dous por cento (2,82%) que se aplicará sobre a retribución do ano 1997 e se axustará ás novas táboas segundo se reflicte no anexo I.

Que con respecto ó segundo punto da orde do día, fíxase a axuda de custo completa en dúas mil novecentas pesetas (2.900 ptas.) para todo o persoal da empresa sexa cal for a súa categoría. Así mesmo, queda fixada a media axuda de custo en mil duascentas cincuenta pesetas (1.250 ptas.) diarias por cada día de traballo efectivo para todo o persoal da empresa, sexa cal for a súa categoría.

En canto ó artigo vintecatro, póliza de seguros e indemnizacións, punto 1, apartado b) fíxase a indemnización en caso de morte, incapacidade permanente, absoluta ou grande invalidez, derivada de accidente de traballo e enfermidade profesional, en

5.500.000 ptas., para o cal se compromete a unha compañía de seguros con delegación na praza.

Quedan excluídos de calquera incremento o premio de antigüidade e desgaste de ferramentas.

E con respecto ó cuarto e último punto da orde do día, adóptase por unanimidade remitir á autoridade competente a referida acta para o seu depósito inscrición, aprobación, e publicación, autorizando a Camilo Guede Forneiro para que realice as xestións necesarias para iso.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, unha vez aprobada por unanimidade a presente acta, sendo as vinteunha horas do día 29 de maio de 1998.

ANEXO I

Táboa de retribucións para o período do 1-1-1998 ó 31-12-1998 da empresa Construcciones Alea, S.L.

NiveisCategoríasSoldo base

mensual

Plus de

asistencia

Total mesPagas xuñoExtras

navidad

VacaciónsHoras extras

IITítulo superior103.51324.127127.640123.284123.284123.2841.079

IIITítulo medio
Xefe de 1ª adm.103.05523.675126.730122.919122.919122.9191.079

IVAxudante obra
Encargado xeral
Xefe de persoal102.56223.161125.723122.519122.519122.5191.079

VDelineante superior
Xefe administrativo102.09022.801124.891122.155122.155122.1551.079

VIDelineante primeira
Topógrafo
Encargado de obra
Oficial 1ª adm.101.59522.213123.808121.767121.767121.7671.079

VIIDelineante de 2ª
Capataces
Topógrafo práct. 2ª99.75920.402120.161120.319120.319120.3191.027

VIIIOficial 2ª adm.
Oficial 1ª oficio98.38219.339117.721118.119118.119118.119986

IXOficial 2ª oficio
Aux. administrativo96.97117.927114.898117.034117.034117.034957

XSerenos
Almaceneiro95.55316.225111.778116.977116.977116.977901

XIPeóns especializados94.13515.132109.267113.445113.445113.445874

XIIPeóns ordinarios92.66313.696106.359112.292112.292112.292831

XIIITraballadores de 17 anos54.46714.05768.52461.34861.34861.348

Axuda de custo: 2.900 ptas.

Media axuda de custo: 1.250 ptas.

Póliza de seguros e indemnizacións: no caso de morte, incapacidade permanente, absoluta ou grande invalidez, derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa abonará 5.500.000 ptas., para o cal se compromete a concertar unha póliza coa compañía de seguros con delegación na praza.

ANEXO II

Horas de traballo correspondentes ó período do 1-1-1998 ó 31-12-1998

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1FNDS8FN88S88D8

28888S88D8888

3S888D8888S88

4D88S88S88D88

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

5FCC88D88D8S88S

6FN8888S88D88D

78SS88D8888SFN

88DD8888S88DFN

9888FNS88D8FCC88

10S88FND8888S88

11D88S88S88DFL8

12888D88D8SFN8S

1388888S88D88D

148SS88D8888S8

158DD8888FN88D8

168888S88D8888

17S888D8888S88

18D88S88S88D88

1988FND88D8S88S

2088FCC88S88D88D

218SS88D8888S8

228DD8888S88D8

238FCC88S88D8888

24SFL88D8FCC88S8FCC

25D88S88FN88D8FN

26888D88D8S88S

2788888S88D88D

288SS88D8888S8

298D8888S8 8D8

30888S88D8884

31S8D88SFCC

Horas152144160160160176176168176160160140
Días1918

Días do ano: 365Total horas de traballo:1.992

Sábados: -50Adaptación convenio acordo-60

Domingos: -52Vacacións:-168

--------------

Festas nacionais: -12

Festas locais: -2Total horas efectivas de traballo1.764

Días de traballo: 249

Adaptación convenio: -7,5

Vacacións 30 días naturais

(21 laborais) -2,1

--------------------

Días de trabajos

S./acordo:220,5

Nota: 1. As festas locais, refírense á localidade de Ourense capital.

2. Para axusta-lo calendario laboral anual no presente ano 1998 fíxanse como días no laborais o 5 de xaneiro, 23 de febreiro, 20 de marzo, 24 de xullo, 9 de outubro, 24 e 31 de decembro. A xornada do 30 de decembro verase reducida en 4 horas.

5922