Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación, mediante procedemento aberto e a forma de concurso, da seguinte obra:

1. Obxecto: ampliación do cemiterio municipal, 2º fase.

2. lugar de execución: Sarria (Lugo).

3. Prazo de execución: 5 meses.

4. Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

5. Orzamento: 18.595.800 pesetas (IVE incluído).

6. Garantías:

Provisional: 371.916 pesetas.

Definitiva: 743.832 pesetas.

7. Información: Secretaría do Concello de Sarria. Rúa Maior 14. Teléfono: 982 53 50 00. Fax: 982 53 09 16?.

8. Proposicións: presentaranse durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio no BOP ou DOG.

9. Apertura de plicas: terceiro día hábil seguinte ó do remate de prazo de presentación de proposicións.

10. Anuncio extenso: insírese no BOP de Lugo.

Sarria, 17 de xullo de 1998.

Arturo Corral Guitián

Alcalde

7063